Palestra encol da Lei de Augas o venres 15 de xullo

O venres 15 de xullo, ás 20:30 horas, no salón de plenos do concello de Cangas, convocada polo Foro Social de Cangas tivo lugar unha palestra encol da recentemente aprobada Lei de Augas na que participou Manuel Docampo Paradelo, membro do Sindicato Labrego Galego.

El SLG cre que la Lei de Augas é a maior agresión a Galicia en democracia

O Sindicato Labrego Galego (SLG) considera que a Lei de Augas recentemente aprobada polo Parlamento de Galicia é “a máis grande agresión sufrida por Galicia na era democrática”.

Manuel Docampo, da executiva do sindicato, sinalou nun comunicado que, con esta lei, “privatízase un elemento indispensable para a vida das persoas e dos animais, e para a produción de alimentos”.

Pola súa banda, a secretaria xeral do SLG, Carme Freire, sentenciou no escrito que, con esta norma, “privatízase o noso dereito a vivir”.

O sindicato lembra que as competencias sobre a auga foron transferidas a Galicia en 1986 e denuncia que, agora, a Xunta pretende “cederlle estas competencias a unha empresa como Augas de Galicia que, desde o punto de vista xurídico, funciona como unha sociedade anónima”, polo que considera que se podería “estar a raiar a inconstitucionalidade”.

Por iso, o SLG fai un chamamento a “as organizacións sociais de Galicia para facer unha fronte común contra a Lei de Augas”.

Moi interesante a charla, Manuel Docampo comentou que o rural está moito máis concienciado coa privatización da auga que as vilas e cidades, probablemente porque a xente traballou arreo para facer traídas e sabe do duro que é como para que agora lle veñan a cobrar por algo que eles/as mesmos/as fixeron. E por esa razón van iniciar a aplicación de esta aplicación nas vilas e cidades, pode que dun xeito suave, con prezo cero ou case, pero privatizando ao fin e ao cabo, para ir despois apertando e apertando.

En sitios como Italia conseguiron anular a privatización mediante un referendo, logo é posible.

Podedes atopar máis información na web do SLG, incluída a presentación que servíu de base á charla de Cangas.

Se alguén está interesado en traballar contra este enésimo atentado contra os dereitos da poboación que pase pola xuntanza semanal do Foro Social de Cangas os xoves as 20 horas na casa da cultura de Cangas ou contacte a traveso de este blog.


Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Conectando a %s