O Foro Social pola Defensa do Pobo é unha rede de colectivos que xurdíu en Cangas no 2004 para loitar contra a especulación que se viña vir a traveso dos convenios de Massó e Aldán.
No 2005 amalgamou a resistencia contra o Plan Xeral que aprobou inicialmente o alcalde Enrique Sotelo, que ante o rexeitamento poular tivo que retiralo.
Tamén a partir do 2005 abanderou a loita contra o ilegal proxecto de porto deportivo no Salgueirón, que figuraba dentro do convenio Massó e que tentaba ser a obra que rompera a oposición popular á entrada da especulación salvaxe en Cangas.
No ano 2011 ese proxecto segue sen realizarse, tras unha dura loita compartida entre mariñeiros e veciños/as que deixa detrás unha longa ringleira de multas, detencións, xuízos, manifestacións masivas e esforzo para evitar a destrución do noso litoral e manter a nosa dignidade como vila mariñeira que sabe defender o seu patrimonio.
O SALGUEIRÓN NON SE VENDE
CANGAS NON SE VENDE
A TERRA NON SE VENDE
CANGAS NON SE VENDE ?? de que vades?, perroflautas estades a estragar o pouco posible desenrolo que pode chegar o pobo.
Por catro idiotas estades impedindo que se creen postos de traballo, claro vos tranquilos, nunca pegastes un pau a auga, pensades que todo sae por inspiracion divina.
Gustariame ver como defendedes todo isto con toda a familia parada sen aforros e fillos.
Sodes uns insensatos